martes, 31 de marzo de 2020

Todos a cantar!

Propoño esta canción para maiores e pequenos, para altos e baixos, para os optimistas e pesimistas, para os de aquí e os dalá, para os que len e escriben, para os primeiros e os últimos, para os que participan, para os que suman, para os que se superan....




       PARA TODOS!



Podedes seguir o Karaoke (e /ou aprendela de memoria) 

É moi sinxeliña, ten moito ritmo e non me vou poñer moi esixente:)

Aí a tendes. Agardo que disfrutedes!


lunes, 30 de marzo de 2020

Música e cine mudo


Que sería do cine mudo sen música? 

Mirade o avó de James Thièrre e comprobadeo vos mesmos.






SABÍAS QUE.... alá pola década de 1890 .....

  • a música era en directo. Cada sala dispoñía dos seus músicos (pianistas,orquesta, coro...) 
  • a música era improvisada (nunca se repetía a mesma )

Por certo, xa están respondidas as cuestións da entrada anterior, verdade?

viernes, 27 de marzo de 2020

Música e teatro

Aproveitando a conmemoración do Día do Teatro quero deixarvos un vídeo moi  entretido no que debedes estar atentos.

Buscade información e responde nos comentarios.

  • Qué se escoita?
  • Sabedes quen o interpreta?
  • É familiar dalgún personaxe coñecido?




O luns falaremos das respostas e da súa importancia no cine (e na música claro)

Todos a tocar!

A proposta de hoxe é que todos poidades tocar un pouquiño. 

Precisades catro tipos de sons, e  xa que non estamos na aula para usar os instrumentos, podedes usar calquera trebello que teñades na casa (palillos chinos, culleres, cunchas de vieira,axóuxeres....)


 



Esta melodía foi composta en 1829 por José Pacheco, o mestre de capilla da catedral de Mondoñedo(Lugo) Esta audición está interpretada por Carlos Núñez, un dos grandes gaiteiros de Galiza.

Animade ás vosas familias a facelo con vos.Seguide o pulso e tocade cando se indique no vídeo.

 É sinxeliño e para todos os públicos.

jueves, 26 de marzo de 2020

Queda na casa

Xa sei que non  e fácil pero debemos quedar na casa para estar ben.

Escoitar música pode axudarnos moito!

Varios grupos de música decidiron facer un festival para esta cuarentena a través de medios dixitais.
Hoxe propoño esta canción que está feita entre todos eles!

Xa sabedes que a música é colaboración e respecto.

Facede unha coreografía coas vosas familias, seguro que saen estupendas!


Memoria auditiva

Déixovos aquí outro reto....

Colle papel e lápis e anota, na segunda parte do vídeo, se o sonido  se corresponde coa imaxe. Despois volve escoitar o principio e comproba ti mesmo Se tes dúbidas repite o exercicio!



miércoles, 25 de marzo de 2020

Instrumentos con material de refugallo

Este días, na casa, podedes deixar voar a imaxinación para facer un instrumento con cousiñas que xa tedes.

Aquí vos deixo algunhas ideas:



A música que soaba cando naciches...

Nesta páxina podedes incluir a data de nacemento de calquera membro da familia e saber que música se escoitaba daquela.
Todos a bailar!

Pinchade no enlace:  http://thenostalgiamachine.com/

Páxina web con contidos musicais

Nesta web podedes atopar diferentes actividades de Educación musical.
Diversos contidos e niveis. Botádelle un ollo! 



Pincha no enlace:   https://aprendomusica.com/



E se queredes practicar coa flauta  pinchade  directamente aquí:

La pizarra musical







Recomendacións para dispositivos android

Se queredes practicar as notas e os ritmos traballados na aula anímovos a descargar estas aplicacións (móvil ou tablet)
Tamén podedes tocar e mesmo facer as vosas primeiras composicións.



DO RE MI NOTAS


ENTRENADOR DE RITMO

https://play.google.com/store/apps/details?id=ru.demax.rhythmerr


MI PRIMER XILÓFONO Y PIANO

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.hosekiapps.xyloPhone


        

Benvidos á musicletas!

Boas! Neste blogue haberá unha serie de propostas musicais para todos vos. Espero que o disfrutedes!

Comezamos cun reto. Quen o resolverá?

Ten que ver co nome do blogue...Por certo, gústavos?

Atentos:



Qué palabra relacionada cun instrumento musical (ou varios) está escondida en musicletas?