jueves, 28 de mayo de 2020

Venres "tradis"


Rematamos a semana e o mes de Maio...

               mes da lingua , mes das flores!


Escoitaremos un dos ritmos máis importantes  e característicos da música galega...unha muiñeira!!!


Concretamente a muiñeira de Pontesampaio na versión do grupo galego  Milladoiro,de grande fama internacional dende hai máis de 40 anos.

 Preparados para tocar? Quen o envía ao meu correo?


 




Para os máis pequenos deixo este enlace con moitos  ditos e refráns que podedes practicar ata no verán!!


lunes, 25 de mayo de 2020

Pícolo, Saxo e compañía

Esta semana escoitaremos e disfrutaremos a pequena historia dunha gran orquesta onde se atopan os instrumentos musicais.




 A música foi composta no ano 1957 por André Popp,e o conto escrito por Jean Brousolle.

 Quixeron amosar con este conto os diferentes timbres e familias de instrumentos que conforman unha orquesta sinfónica.


*Enviádeme ao correo antiafonseca@edu.xunta.es, como mínimo, tres debuxos de cada unha das familias de instrumentos.Os maiores podedes engadir un esquema.



jueves, 21 de mayo de 2020

Venres "tradis"

Rematamos a semana esoitando música galega.

HOXE SONA.....

Afouteza gravada por RUXE RUXE no seu disco Alfaia Punk ( 2019)

Esta banda creouse en Aríns (Santiago de Compostela) no ano 1996.

Fan música rock combinada con melodías tradicionais, sempre cunha actitude punk. En galego!

Esta canción imprime, como o seu nome indica, esa fortaleza que estamos a demostrar. Seguimos adiante! Teremos sempre a forza de vencer!









martes, 19 de mayo de 2020

Preguntoiro musical

E agora que todos estudamos un pouquiño sobre Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2020 vamos a ver canto sabemos....

Listos para facer este preguntoiro Musical?


Atentos ao retrouso, é moi pegadizo!
 
Contádeme nos comentarios que tal vos saiu? Faćil?

viernes, 15 de mayo de 2020

Venres " Tradis"

Este domingo, 17 de maio, celebramos a día das Letras Galegas.

Non se me ocurre mellor tema para comezar esta fin de semana que o... Rap da lingua de Migallas Teatro do seu disco Canta connosco! editado  ni ano 1996 e reeditado hai 4 anos polo seu 20 aniversario.

Un disco que fixo e fai bailar a moitas xeracións de rapaces en galego.




         Que tal se nos gravamos rapeando?

                Enviade a :antiafonseca@edu.xunta.es



jueves, 14 de mayo de 2020

Practicamos ritmos.

Hoxe seguiremos practicando a linguaxe musical,concretamente coas figuras musicais e a súa duración.



Acordádevos que a cada figura lle asignamos unha sílaba seguindo este esquema:
  • ta para as negras
  • titi para as corcheas
  • taa  para as blancas
  • tiritiri para as semicorcheas
  • shh para o silencio de negra


    Premede nos enlaces seguintes:  

    XOGO RÍTMICO 1 (nivel intermedio)


    XOGO RÍTMICO 2 (nivel alto)

    Para os máis pequeniños deixo este vídeo no que practicarán distintos ritmos por imitación, como facemos na aula. Pódense simplificar os movementos, o importante e reproducir o ritmo!




    martes, 12 de mayo de 2020

    Repasamos as notas

    Bo día!

    Hoxe imos a repasar un pouco as notas musicais.

    Os máis pequenos cunha pequena  e pegadiza canción.



    Os máis maiores cun par de xogos segundo o nivel. Preparade os oídos !

    PREME NO TÍTULO DO XOGO.


     ESCALERAS SONORAS


    ARAÑAS MUSICAIS


    viernes, 8 de mayo de 2020

    Venres "tradis"

      Hoxe,  e cada venres deste mes, farei propostas de música galega para que traballemos diferentes aspectos e estilos musicais na nosa lingua

             Mes de maio , mes das flores, mes da lingua!

    Comezamos coa peza Ronsel, gravada por Luar na Lubre no seu disco Plenilunio (1997)




    Para facer este RITMOGRAMA só precisades un garfo, unha culler e un chisquiño de atención.Segue a música.

    1.- Escoitoo unha vez e miro atentamente cal é o pulso e onde están os silencios

    2.-Fago a percusión con palmas e marco os silencios poñendo o dedo nos beizos (xesto de mandar calar)

    3.- Collo os nosos instrumentos (moi fácil atopalos na casa:culler e garfo)

    4.- Fago un intento e se non me sae repito varias veces.

    5.- Gravo e comprobo que me sae moi ben para enviar á profe.

          O meu correo: antiafonseca@edu.xunta.es



    martes, 5 de mayo de 2020

    Que o corpo non pare....

    Para comezar esta semana, imos a mover o corpo a ritmo de rock & roll.

    Esta actividade é para maiores e pequenos.

    So tendes que mirar, seguir o ritmo, e bailar.



    Adiante, que o ritmo non pare!