jueves, 18 de junio de 2020

DESPEDIDA DO CURSO 2019/2020


O alumnado de 6º preparou este traballo con moito agarimo para despedirse de profes e alumnos do CEIP A  Carballeira, o que foi a súa casa durante 9 anos.

Esperamos que vos guste e o desfrutedes tanto coma nós. Escoitades Quérote Máis, do grupo ourensán O sonoro Maxín.

Ollo ao retrouso...utilizamos Lingua de signos !! 

(pedimos desculpas por anticipado polos erros cometidos...)

Gracias a miña amiga Paula por ensinarme a interpretalo para facer realidade unha idea!




Boas vacacións, que este ano as tendes máis que merecidas!

lunes, 15 de junio de 2020

Outras linguas son posibles tamén na música

Onte 14 de xuño  foi o día Nacional da lingua de signos, aquela coa que se comunican as persoas xordas.

Amoso esta proposta de María Fumaca, no seu disco Xiqui Xoque, ed.Galaxia. 



         Ollade esta posibilidade musical!

              Pronto haberá unha sopresa. 

                          Atentos!



viernes, 12 de junio de 2020

Adiviña o que escoitas

Para rematar a semana vamos escoitar e lembrar todas esas pelis que vimos unha e outra vez.

O reto de hoxe consiste en adiviñar películas de Disney, escoitando un fragmento da banda sonora, que irá sonando no vídeo que aparece a continuación.

So tendes 7 segundos!  Anotade nun papel as vosas repostas!

Preparados?
Contádeme nos comentarios que tal os resultados. Fácil? Difícil?

lunes, 8 de junio de 2020

Xogos de palmas

O noso corpo é un instrumento musical.

Podemos facer música batendo cos pés no chan , chocando as palmas....

 Seguro que coñecedes moitos xogos de mans, non si?

                          Choco, choco la la....

                En la calle- lle  veinticua-tro-tro...




Sabedes algún máis? E estes? Veña a practicar!

Podedes enviarmo ao meu correo


Para os máis cativos deixo este outro exemplo para facer soliños  (sen parella) e así estar totalmente concentrados.



viernes, 5 de junio de 2020

Rock & roll

Rematamos a semana con un pouquiño de ritmo, este venres rock and roll!!

A ver se conseguides poñer a bailar as vosas familias.


PREME NESTE ENLACE 

 Poñede nos comentarios que vos parece este tipo de música.

Veña, todos a bailar!!!!

lunes, 1 de junio de 2020

Escoitar coa imaxinación

Esta semana escoitaremos unha melodía e trataremos de imaxinar que está sucedendo.

Escribide un conto, poñédelle un título e o ilustrádeo.

 A temática é libre, hai que deixarse levar pola música.

 Ánimo artistas!


PREME NO SEGUINTE ENLACE:

 Escóitame e cóntame un conto