miércoles, 29 de abril de 2020

Eu bailo na casa!

Hoxe, 29 de abril, celébrase a Día Internacional da Danza.

Eu non puiden evitar bailar unha muiñeira. Encántame!!!

 Aquí deixo a mostra.


Preme na imaxe

 Preme na imaxe




Que bailáchedes vos? Podedes enviar vídeos ao meu correo! 
                                     
                               antiafonseca@edu.xunta.es

lunes, 27 de abril de 2020

Xogamos cos sons!


Saberías distinguir o son dun paxaro entre o tráfico  ou se quen te chama é a túa profe?

Prepara o sentido do oído porque nestes xogos vai ser moi necesario!

Xogos no que escoitarás sons de animais, sons cotiás ou sons de instrumentos. Incluso poderás crear unha composición.


https://www.cultura.gob.mx/multimedia/Exploradores/

  
 PREME NA IMAXE

                                      Adiante!
 



jueves, 23 de abril de 2020

Contos con música!


Aproveitando que  hoxe (23 de abril) celebramos o día do Libro amósovos:
  •  un contiño CANTADO (con percusión corporal) para os máis cativos

 


  • e outro CONTADO  para os maiores. Mirade ata o final e intentádeo!
                          PREME AQUÍ.
 
                 BOA LECTURA MUSICAL!!!

miércoles, 22 de abril de 2020

Clasificamos instrumentos?

Boas nenos e nenas....preparade o sentido do oído, vaivos facer moita falta....

Comezade escoitando para recordar os datos importantes das familias de instrumentos.

Despois axuda ao mercader  e utiliza a variña máxica.Arrastra cada instrumento ao seu lugar.


                                 


XOGO: FAMILIAS DE INSTRUMENTOS

lunes, 20 de abril de 2020

Probamos a ser compositores?


Ola! Acompaño esta entrada de dous enlaces moi interesantes para convertirnos en compositores.

Estades preparados para compoñer co teléfono, a tablet ou ordenador?

SONGMAKER ( infantil, 1º e 2º de primaria)

INCREDIBOX ( 3º,4º,5º,6º de Educación primaria)

 Esta última ten a posibilidade de descargar a App.


 Contádeme que tal a experiencia!

viernes, 17 de abril de 2020

Queda na casa 2.

Non teño que recordarvos que temos que quedar todavía un pouquiño máis na casa polo ben de todos.

E que mellor que facelo cantando, non si?
Desta volta poño un vídeo dunha canción en galego feito para a ocasión.

É moi animada, podedes cantar, saltar e berrar FICA NA CASA! 

 
                          
                  Seredes capaces de aprendela?

miércoles, 15 de abril de 2020

Para os máis pequenos.... máis ritmo!

Esta vez seguiremos o ritmo cunha pequena coreografía. Preparados?

 

Unha actividade sinxeliña na que debemos seguir a música e estar moi atentos a ver cando nos toca cambiar de movemento.

Atréveste a facelo de memoria, sen ver o vídeo, so escoitando?
                                         Listos.....XA!



martes, 14 de abril de 2020

Comezamos con ritmo de cores!

Bo día nenos e nenas. 

Espero que todos estedes moi ben.

Seguro que pronto nos vemos.Qué ganiñas!

TODO VAI SAIR BEN!





                    Primeiro mirade e logo facede, como na clase.



Esto é unha idea, podedes inventar secuencias máis faciliñas. 

                               A quen vades a retar hoxe?

viernes, 3 de abril de 2020

Vacacións na casa

Nen@s, estas vacacións  serán distintas pero seguro que cando nos vexamos teredes moito que contar. Estades facendo todo moi ben! Mentras tanto déixovos unha aperta virtual cunha canción portuguesa que me encanta!