jueves, 1 de julio de 2021

Bo verán!

Rematado este curso "covid" podo dicir que estou moi  orgullosa dos meus
alumnos e alumnas!

A pesar das dificultades atopadas (falta de espacio, non bailar xuntos..) traballaron mellor que ben !


Gracias rapazada!


 Aquí deixo, moi satisfeita, esta canción para comezar con ritmo as vacacións !



jueves, 18 de febrero de 2021

Rosalía pirata, poeta, galega!

 O día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía , a poeta galega que atravesou fronteiras  na nosa lingua.

E como a música e unha forma de descubrir a poesía déixovos esta peza tan bonita cantada por Uxía Senlle do seu disco Rosalía pequeniña (2013)





Podedes inventar xestos,  para aprendela mellor e marcar o ritmo, mentras fomentamos a imaxinacion e a creatividade. 

Que soñas ti? Podedes poñelo en cometarios:)

Espero que vos guste e cando nos volvamos ver poidamos cantala xunt@s!



miércoles, 27 de enero de 2021

Día da paz

Para celebrar o DÍA DA PAZ na aula de música fixemos dúas propostas:


Unha para infantil e primaria.  

Coreografía coa melodía para piano de Yan Tiersen, compositor, entre outras,da BANDA SONORA da película Amelie.

Achego a música para que poidades lembrar e lanzar a vosa pomba coa mensaxe de paz que escollíchedes.



O alumnado de 3º a 6º de primaria  cantou unha versión do Himno da alegría (modo karaoke)

Aquí o tendes. Practicade!





Beethoven

Este comezo de ano estivemos traballando a Beethoven , porque en decembro cumpríronse, nada máis e nada menos, que 250 anos do seu nacemento.

 Traballámolo en tódolos grupos de primaria e a verdade é que foi un éxito!

Agora sabemos moitas cousas de él  e da súa música, estou segura que moitas das súas melodías  xa as recoñecedes,ou non?

Para Elisa, Claro de luna, Septimino (ou a música de Érase una vez  el hombre), 9º sinfonía...


Achego diferentes vídeos que vimos na aula para non olvidar a  5º  Sinfonía


Rimos moito co capítulo da pantera Rosa non sí? Mira que lle gusta facer falcatruadas!


 

Escoitámola con datos da súa biografía por Sheila Blanco, sorprendente!




Vimos  1, 2 , 3 e ata 4 bicis recorrendo a súa música....


 

E finalmente fixemos unha coreografía con cintas, en parellas, que espero todavía recordedes.

Só hai que seguir a música e reproducir os movementos que traballamos na aula.

 

Veña probade!!!