Apertas e bo verán!
Blogue de música
Apertas e bo verán!
Con estes actividades musicais traballadas durante este curso académico con toda a rapazada do cole despídome esperando que vos vaia a todos moi ben e sobre todo que recordedes que....
... a música é a nosa amiga e compañeira, un lugar onde todos e todas temos cabida.
A carrasquiña e a Muiñeira de Lugo polas Letras Galegas.
Deixo varias tomas agradecendo aos profes Amparo Borja e Ana as súas gravacións. Buscádevos!
E como ben sabedes o día 14 de xuño celébrase o dia da Lingua de signos.
Así pois rematamos esta despedida con Apertas que voan de Paco Nogueiras do seu disco BrincaVai!
Agradecerelle a miña amiga Paula, intérprete de signos, que me ensinase a signar o retrouso e poder compartilo con todos os meus alumnos e alumnas.
Porque ti es o meu amigo/a miña amiga
Porque nos levamos ben
Poruque ti es o meu amigo /a miña amiga
Distintos e iguais á vez
ATA SEMPRE!
O día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía , a poeta galega que atravesou fronteiras na nosa lingua.
E como a música e unha forma de descubrir a poesía déixovos esta peza tan bonita cantada por Uxía Senlle do seu disco Rosalía pequeniña (2013)
Para celebrar o DÍA DA PAZ na aula de música fixemos dúas propostas:
Unha para infantil e primaria.
Coreografía coa melodía para piano de Yan Tiersen, compositor, entre outras,da BANDA SONORA da película Amelie.
Achego a música para que poidades lembrar e lanzar a vosa pomba coa mensaxe de paz que escollíchedes.
O alumnado de 3º a 6º de primaria cantou unha versión do Himno da alegría (modo karaoke)
Aquí o tendes. Practicade!
Este comezo de ano estivemos traballando a Beethoven , porque en decembro cumpríronse, nada máis e nada menos, que 250 anos do seu nacemento.
Traballámolo en tódolos grupos de primaria e a verdade é que foi un éxito!
Agora sabemos moitas cousas de él e da súa música, estou segura que moitas das súas melodías xa as recoñecedes,ou non?
Para Elisa, Claro de luna, Septimino (ou a música de Érase una vez el hombre), 9º sinfonía...
Achego diferentes vídeos que vimos na aula para non olvidar a 5º Sinfonía
Rimos moito co capítulo da pantera Rosa non sí? Mira que lle gusta facer falcatruadas!
Escoitámola con datos da súa biografía por Sheila Blanco, sorprendente!
E finalmente fixemos unha coreografía con cintas, en parellas, que espero todavía recordedes.
Só hai que seguir a música e reproducir os movementos que traballamos na aula.
Veña probade!!!
Boas a todos e todas!
Un ano máis estamos no Nadal e este ano máis que nunca tócanos ser previsores e coidarnos moito uns aos outros por iso se me ocurre....
E que tal se lle pedimos aos Reis Magos un paquetiño de instrumentos musicais individuais?
Aí vai unha proposta..
E outra....
temos na casa cousas que nos poidan servir como instrumentos ou elementos para utilizar en clase de música?
Espero que os reis se porten igual (ou mellor) que vós!!
Vémonos a volta das vacacións!
BO NADAL!